Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 8

Ceiba de Luz

Manuel Lourenzo González

O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz...

Flor de area

Manuel Lourenzo González

«Son Amrah ben Dimas Ber Suhila al Targ, koblai por parte de nai, da tribo de Mastuq, e siria de Halab por parte de...» Flor de area é a historia dunha moza iraquí que, destinada a ser a doce esposa dun persoeiro principal, se atreveu a rachar coa inercia para exercer de muller, de nai, de traballadora, de amante, de patriota, na cerna dunha sociedade conservadora e baixo a opresión da dominación estranxeira...

Atl

Manuel Lourenzo González

Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia, mais tampouco a súa falsidade...

Estanislao, príncipe de Sofrovia

Manuel Lourenzo González

O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz...

Irmán do vento

Manuel Lourenzo González

"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos...

O patadón

Manuel Lourenzo González

Un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón disparado contra o ceo coma un foguete, percorrendo o mundo, provocando enormes sustos,choques, caídas e potes, causando tremendas impresións a persoas que se entretiñan en calquera ocupación, e moito máis ca un apuro...

O que é a vida

Manuel Lourenzo González

Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente. Aproveita as súas saídas na Bultaco para emular os heroes cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade...

Tanis I o Mocos

Manuel Lourenzo González

O día que o príncipe Estanislao, herdeiro á coroa do extenso e poderoso reino de Sofrovia, cumpriu dezaoito anos, armouse un grande rebumbio no pazo...

Autor/a da semana